domingo, 29 de abril de 2018

martes, 24 de abril de 2018

RECUNCHOS PROGRAMADOS 2º TRIMESTRE

A continuación presentámosvos a secuencia de actividades programadas nos recunchos do 2º trimestre.









martes, 17 de abril de 2018

ENREDANDO COAS ABELLAS

Xa levamos unhas semanas inmersos na primavera pero no CEIP Ortigueira quixémonos mergullar de cheo nesta estación. Por iso o pasado 21 de marzo, os nenos e nenas de Infantil, realizamos unha saída ao Enredo do Abelleiro en Arzúa.

Recibiunos o equipo ao completo do museo para explicarnos brevemente e de forma moi lúdica en que consiste o mundo das abellas.





A continuación, dividímonos en dous grupos que realizaron paralelamente e á inversa dúas actividades diferentes. Un dos grupos desenvolveu o obradoiro de apicultores. Colocamos toda a vestimenta necesaria para protexernos dos aguillóns das nosas amigas as abellas. 
Aquí estamos completamente ataviados!




Tras vestirnos, os monitores conducíronnos ata o obradoiro onde almacenan o material que precisan para coidar das colmeas. 





Logo visitamos as colmeas e alí puidemos ver moi de preto a forma de vida das abellas. Resultounos moi interesante coñecer como é o día a día dunha colmea e saber como pasaron o invernos estes insectos. Sentímonos verdadeiros apicultores e apicultoras. 







Observamos os dous tipos de colmea que existen no Enredo: a tradicional e a máis moderna.



E por fin, puidemos ver a abella raíña dunha colmea. Custounos un pouco atopala pero, ao final, vímola reodeada dos seus zánganos.



Mentres uns probamos a ser apicultores, os outros coñeceron o procesado do mel para conseguir o produto final que todos mercamos algunha vez. Así que baixamos e baixamos, ata chegar á sala de envasado.





Alí os nos compañeiros Pello e Zoe, fixeron unha demostración a modo de exemplo para os dous grupos.



Ata deseñaron e lle puxeron ao envase a etiqueta. 



E por suposto, os que o desexamos tamén probamos o doce manxar...




Ademais, faláronnos de por que o mel ten diferentes tonalidades. Unha pista: está relacionado coas flores. 


E das especies invasoras que ameazan a existencia das abellas.


Moitas grazas ao equipo do Enredo do Abelleiro pola xornada e todas as actividades que nos prepararon.

martes, 10 de abril de 2018

DISFRAZÁMONOS!

Os disfraces é un elemento que se atopa moi presente nas aulas de infantil. Nun espazo moi concreto  onde cada un recrea diferentes escenarios (a cociña, perruquería, tenda...), así como distintos roles (princesa, bombeiro, mecánico, súper héroes...).

No Antroido o recuncho de xogo simbólico convértese nun lugar máxico onde cada neno/a se transforma no personaxe que máis lle gusta, tratando de romper cos estereotipos de xénero tan presentes na nosa sociedade.

No vídeo visualízase, ademais deses momentos de xogo, a participación das familias no obradoiro do Antroido, mostrando gran interese pola proposta de aula. Grazas!

luns, 2 de abril de 2018

AS ÁRBORES DA PAZ

As actividades realizadas nas sesións de Alternativa deste segundo trimestre xiraron en torno ao día da Paz.
1ª sesión:
- Analizamos a palabra "PAZ", atendendo ao ámbito sintáctico (as letras que a configuran) e ao semántico (o significado da palabra).
- Realizamos unha sesión de relaxación a partir da posta en marcha de técnicas previamente aprendidas (posturas de ioga, recreación de situacións, o tacto das mans...).
2ª sesión:
- Buscamos en gran grupo aquelas situacións, palabras e persoas que nos fan sentir nun estado de paz.
- Escribímola na pizarra.
3ª sesión:
- Decidimos crear a nosa propia árbore da paz, empregando o noso corpo como a árbore e as palabras como as follas.
4º sesión:
- Pintamos e recortamos a árbore da paz.
5º - 6ª sesión:
- Cada un recordou a súa palabra que representaba o estado de paz e benestar.
- Escribímolas a lapis e despois rotulámolas.
7ª sesión: 
- Recortamos as palabras e pegámolas na nosa árbore

Este foi o resultado: