mércores, 26 de abril de 2017



PLANTAMOS NA HORTA.

Chegou a primavera e con ela o tempo de comezar a plantación de verduras, hortalizas  e legumes na nosa horta. Aproveitando que o tema de Vedra en Ciencia foron os legumes, sementamos un tipo destas plantas que non sabiamos que eran leguminosas: os cacahuetes. 



Unhas semanas despois plantamos rábanos, acelgas, fabas, espinacas e perexil. 





Tamén comprobamos que os allos que plantamos en xaneiro, medraron moito e moi rápido. 




VEDRA EN CIENCIA 2017

Un ano máis, os nenos e nenas de Educación Infantil participamos na décima edición de Vedra en Ciencia. Este curso, a temática xirou en torno os legumes. Tras a presentación do concurso por parte do Concello, realizamos numerosas actividades para achegarnos ao coñecemento dos legumes. 


OBRADOIROS COAS FAMILIAS





EXPERIMENTAMOS COS LEGUMES NA CLASE:








ELABORACIÓN DOS EXPERIMENTOS PARA O CONCURSO: 





EXPOSICIÓN NA CASA DAS ARTES DE VEDRA: 


Aquí atoparedes máis imaxes do traballo de Vedra en Ciencia.





ANIVERSARIOS DO 2º  TRIMESTRE


No segundo trimestre celebramos os aniversarios de David, Mariña, Carlota, Alba, Vera e Ibai. Tamén soprou as candeas Marco, que non puido celebrar con nós o seu aniversario no primeiro trimestre.  Parabéns a todos e todas!








Elaboramos brochetas de plátano e amorodos e bañámolas con chocolate. Saíron verdadeiras obras de arte e estaban riquísimas. 






Aquí vos deixamos máis instantáneas do obradoiro de cociña.