domingo, 19 de febreiro de 2017


OS NOSOS XOGUETES VAN Á ESCOLA


No segundo trimestre, comezamos a traer os xoguetes novos que nos trouxeron no Nadal. Presentámolos aos nosos compañeiros e compañeiras e logo xogamos todos xuntos con eles porque o importante desta actividade é aprender a compartir cos demais. 

Obxectivos da actividade: 
  • Desenvolver a expresión oral.
  • Describir un obxecto atendendo a criterios como a forma, a cor, o seu uso...
  • Respectar os materiais de todos.
  • Ser capaces de compartir aquelo que sentimos que nos pertence. 



Aquí vai unha escolla de imaxes desta actividade que realizamos durante o mes de xaneiro e febreiro.



CHEGOU O INVERNO!

Para celebrar a chegada o inverno decidimos facer unha actividade plástica con paraugas vellos ou rotos. En grupos pintámolos con gotiñas de cores que imitaban as gotas de chuvia pero quixemos darlle un toque de cor. 



Outra das actividades que realizamos foi a de facer xeo de cores e pintar con el.  Comezamos facendo unha lista dos materiais que precisabamos.



De seguido, mesturamos auga e colorante alimentario e enchemos as bolsas de auga coloreada para levalas ao conxelador.





Velaquí o resultado.




Co xeo preparado, comezamos a pintar con el. Que obras de arte conxeladas!!









SAÍDA AO MERCADO 

En decembro os nenos e nenas de Infantil visitamos a Praza de Abastos de Santiago. O noso obxectivo era coñecer o seu funcionamento, familiarizarnos con outro tipo de compra e mercar as froitas que despois empregariamos no obradoiro de cociña co que celebramos os aniversarios do primeiro trimestre. 

 Entre todos fomos decidindo os produtos que precisabamos mercar e recollémolos na lista da compra que despois levamos ao mercado. 






Unha vez na praza, percorremos as diferentes naves. chamáronmos moito a atención a de peixes e mariscos e a das carnes!!


Para rematar a visita, mercamos a froita que necesitabamos pra facer o obradoiro de cociña. Coa lista da compra na man, fomos pedindo os produtos e volvemos cargados para o colexio.





mércores, 1 de febreiro de 2017


ANIVERSARIOS DO 1º TRIMESTRE


Neste primeiro trimestre estiveron de aniversario Ohiana, Xulia, Álex, Xiana, Diego, Álvaro, Telmo, Antón, Carmen, Marco, Mateo, Marcos e Pello. Parabéns a todos e a todas!






Fixemos un obradoiro de cociña con froita que mercamos na Praza de Abastos de Santiago, e con xelatina para reproducir o cadro Castelo e sol de Paul Klee.










Aquí vos deixamos máis imaxes deste día de merenda que compartimos.