domingo, 27 de novembro de 2016


OBRAS NO COLEXIO...

Como xa todos e todas sabedes, temos obras no colexio. Dende o primeiro momento, chamáronnos moito a atención polo que decidimos incluílas no noso traballo diario na aula. 


Comezamos tratando de establecer hipóteses sobre para que se fan estas obras. Algúns dicían que para uns baños, outros para unha piscina, algúns que eran para romper o colexio... E observando todos os días o traballo dos obreiros, descubrimos moitos materiais, ferramentas e máquinas. 



Estes son os debuxos dalgunhas das nosas ideas sobre as obras. 













Tamén analizamos outro material imprescindible nunha obra: os planos. Aínda que nun principio esta palabra non a coñeciamos, si que nos pareceron mapas e debuxos de casas. 







Por último, descubrimos que para debuxar os planos o arquitecto fixo moitas liñas, sobre todo rectas. Así que buscamos e repasamos con cores liñas rectas nos planos do colexio. 














Para rematar, experimentamos manipulativamente coas liñas rectas e curvas empregando fíos de cores. Cada un de nós tiña un anaco de fío co que fomos realizando diferentes experimentos gráficos no patio. 

Xulia crea unha uve. 


Silvia fai unha venda para o seu dedo.


Minia e Mariña crean orixinais pulseiras.










Logo, probamos a facer as formas dos xogos que hai pintados no patio.




Tamén se nos ocorreu facer a liña recta máis longa do mundo! E xogamos a pasala dun lado a doutro, camiñar sobre ela...

Por últimos, creamos un xogo nun recuncho do porche que estaba desaproveitado debido ás obras. Que ben o pasamos tratando de cruzar os fíos sen tocalos!!











Esta é a nosa estrutura de liñas rectas coa que aínda xogamos durante os recreos.