domingo, 30 de outubro de 2016

SAMAÍN!!
Como xa levabamos uns días falando de encantamentos, medo e pantasmas, chegou o momento de traer as cabazas decoradas. Con elas fixemos unha exposición na entrada do colexio. Estaban preciosas e terroríficas. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Ademais da exposición de Samaín, traballamos coas cabazas para achegarnos ás nocións de peso, medida coa cinta métrica, tamén experimentamos coa súa flotación e, por suposto, decorámolas. 





sábado, 29 de outubro de 2016

EXPERIMENTOS DE SAMAÍN

O venres 21 levamos a cabo tres experimentos relacionados co Samaín. Con eles traballamos dun xeito experimental e manipulativo as nocións de electricidade estática, densidade dos líquidos e as reaccións químicas. 

A PANTASMA VOADORA

Con este primeiro experimento xogamos a pensar que lle ocorre ao globo cando o frotamos conta a roupa e o achegamos á pantasma.




APÓCEMA MÁXICA

Catro ingredientes: xarope, mel, auga, aceite e a mesturar. Que ocorrerá?



A PANTASMA EXPLOSIVA
Neste caso empregamos só tres ingredientes: vinagre, auga e bicarbonato. Foi o que máis nos gustou!




CHEGOU O OUTONO!

Os cambios na natureza non pasaron desapercibidos para os nenos e nenas de Educación Infantil: recoller follas e traelas á aula, sorprenderse ante o nacemento de cogomelos no patio ou o descubrimento da palabra outono na asamblea, foron algunhas das manifestacións máis evidentes de que esta estación do ano xa comezou.

Realizamos varias actividades sobre este tema, tales como:
- Manipulación e exploración de cogomelos.
- Estampación e debuxo de cogomelos (dentro do Concurso Micolóxico de Vedra).
- Recollida e clasificación de follas no patio.
- Calcado de follas ao revés.
- Vivenciación e elaboración de manifestacións plásticas coas cores do outono.