domingo, 26 de xuño de 2016

FROITA NA ESCOLA 15-16

Continuando coa iniciativa de fomentar o consumo da froita na escola, achegámosvos o desenvolvemento desta proposta para o curso 2015-2016, que tamén podedes atopar na sección dos blogs "FROITA NO CEIP ORTIGUEIRA".

luns, 6 de xuño de 2016

O XOGO DOS BARQUIÑOS

No recuncho da lóxica-matemática incorporamos un novo recurso, o xogo dos barquiños. A través dunha serie de plantillas, os nenos/as terán que ordenar a imaxe que nelas aparece sinalando a fila e columna correspondente.



ACTIVIDADES DE RELAXACIÓN


- A relaxación do globo: Os nenos/as aprenden a gozar da tranquilidade e tempos de descanso a través do contacto que establecen co globo.


- O vermiño: Os nenos/as, á sinal da mestra, vanse colocando en liña constituíndo a figura dun vermiño. Cando o vermiño está formado, os nenos/as siguen consignas concretas a través de masaxes e caricias.


VEDRA EN CIENCIA 2016: "A LUZ É CIENCIA"


Presentación do proxecto por parte do concello. Temática: A luz. O alumnado realizó un obradoiro de sombras, a través da elaboración plástica de estrelas e lúas.






Proceso de desenvolvemento do proxecto:
- Exposición artística das bombillas
- Os experimentos da luz: lapis partido, culler que encolle, disco de Newton e man transparente


Exposición no CPI de Vedra: "A luz é ciencia"

mércores, 1 de xuño de 2016

SAÍDA FINAL DE CURSO A MARÍN

O luns 30 de maio o alumnado e profesorado do centro realizou a excursión de final de curso a Marín. Este foi o percorrido que fixemos en autobús:


Os lugares visitados foron:

- O Eco-Parque Multiaventura, onde gozamos toda a mañá dun circuito polas árbores (primaria) e da visita aos cabalos e xogos variados (infantil).




- O lago de Castiñeiras, onde xantamos e fixemos un pequeno roteiro ao redor do lago.



- O parque dos sentidos, onde descubrimos os diferentes espazos que nos ofrecía o parque a través do uso de materias que estimulaban cada un dos cinco sentidos.