venres, 27 de maio de 2016

CONCURSO DE POESÍA INFANTIL: O CUCO

O alumnado de Educación Infantil decidiu representar o poema de "O cuco" de Manuel María para o concurso de poesía do centro.

O CUCO

CANTA CUCO OU CALA CUCO
EU EN TI XA NON CHE CREO
DESDE QUE SEI QUE VAS POÑER
O TEU OVO EN NIÑO ALLEO.

DESDEIXADO E PREGUICEIRO,
TAN SÓ PENSAS EN FOLGAR.
SOAMENTE DIS DÚAS NOTAS
E XA TES QUE DESCANSAR!

CANTA CUCO OU CALA CUCO,
PREGUICEIRO, NUGALLÓN:
A MIN POUCO CHE ME IMPORTA
QUE ESTEAS CANTANDO OU NON!

Manuel María

As ilustracións escollidas polo xurado foron as de:

Carlota Mera Río

Leo Gamallo Lareo

Telmo Canosa Barco

Beltrán Canosa Barco

Joel Estévez Valladares

Ariadna Castro Casal

XOGAMOS AO CINQUILLO

Na aula utilizamos recursos de uso cotiá para o desenvolvemento das habilidades matemáticas. Un dos materiais empregados son as cartas, e o xogo escollido: O CINQUILLO.

Os obxectivos a desenvolver son:

- Relacionar o número coa cantidade.
- Colocar de maior a menor os números.
- Establecer seriacións atendendo á cor das cartas.
- Agardar a quenda de xogada.
- Aceptar as reglas do xogo.

Como xogamos?

- Explicamos a funcionalidade das cartas e as normas do xogo.


- Xogamos en gran grupo ao cinquillo.




- Distribuímonos en pequenos grupos (3-4 nenos/as), cun dos palos da baralla (oros, espadas, bastos ou copas).





- Xuntamos 2 grupos e 2 palos da baralla.



xoves, 26 de maio de 2016

GUIUSEPPE ARCIMBOLDO

Durante o mes de inverno traballamos no recuncho de arte unha das obras de Guiseppe Arcimboldo: El invierno.




DATA
FEBREIRO DO 2016
ACTIVIDADE
GIUSEPPE ARCIMBOLDO
ÁREAS DE APRENDIZAXE
-          ARTE
-          CIENCIAS
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
ELABORACIÓN DUN CADRO A PARTIR DA OBRA DE ARCIMBOLDO.
COMPOSICIÓN DUNHA CARA, EMPREGANDO VERDURAS E HORTALIZAS DE TEMPADA.
OBXECTIVOS
-          IDENTIFICAR A OBRA CO SEU AUTOR.
-          RECOÑECER OS DATOS MÁIS RELEVANTES DA SÚA OBRA.
-          OBSERVAR CON ATENCIÓN, SELECCIONANDO AS CARACTERÍSTICAS COMÚNS DOS SEUS CADROS.
-          RESPECTO DAS OPINIÓNS E ELECCIÓNS REALIZADAS POLOS INTEGRANTES DO GRUPO.


Empregamos froitas e hortalizas de tempada para a elaboración das nosas creacións, organizándonos en pequenos grupos.


Este foi o resultado...



Tras a súa manipulación decidimos botar os restos ao composteiro...


BATÁN

A familia de Mingos e Tareixa cederon a aula de infantil un batán artesán da súa familia. Mingos explicounos que un batán é unha máquina destinada a transformar os tecidos abertos en outros máis tupidos. Comentounos que funcionan a través da forza da corrente de auga que fai mover unha roda hidráulica e que activa os mazos que posteriormente golpeaban os tecidos ata compactalos.

Para comprobalo empregamos un anaco de plastilina en lugar do tecido e a forza do corpo en lugar da enerxía da auga.





Moitas grazas á familia de Mingos e Tareixa pola súa aportación!

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE 2016

No segundo trimestre tivemos de aniversario aos nosos amigos e amigas: Carlota, David, Mariña, Xiana Raviña, Nuria, Joel e Iván.

Parabéns a todos/as!