domingo, 21 de febreiro de 2016

FESTIVAL ANTROIDO 2016

2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL






1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA





3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



mércores, 17 de febreiro de 2016

O XOGO DO ESPELLO

Neste curso incorporamos unha nova rutina diaria no noso horario: A RELAXACIÓN.
Antes de comezar a asemblea apagamos as luces e da comezo a nosa sesión de relaxación que ten unha duración de entre 5-15 minutos, dependendo do exercicio.

Por que practicamos a relaxación na aula?
Cando nos sentimos alterados/as, tensos/as ou nerviosos/as, os nosos músculos do corpo póñense ríxidos, tensos e duros. Aprender a distinguir cales son esos músculos, permitiranos detectalos e traballar con eles para relaxalos. Aprender a relaxarnos axúdanos a controlar as nosas emocións dunha maneira autónoma e autodidacta.

Un dos xogos que practicamos é o XOGO DO ESPELLO. Organízase o grupo en parellas. Cada membro da parella realizará unha acción que terá que ser reproducida polo seu compañeiro/a que adquire o rol de espello.



venres, 12 de febreiro de 2016

A SEMANA DE ANTROIDO

E durante a nosa semaniña de Antroido...




PLANTAMOS ALLOS E CHÍCHAROS

A finais do mes de xaneiro plantamos allos e chícharos nos bancais da horta.
Contamos coa gran axuda de Pepe que se encargou de abonar e labrar a terra, así como de facer os buratos nos que cada neno/a incorporou os seus dentes de allo que previamente debullara.
Graciñas amigo Pepe!

                       
                                       

luns, 1 de febreiro de 2016

PEIXINHOS DO MAR

Neste Antroido 2016 os nenos e nenas de Educación Infantil iremos disfrazados de mariñeiros e mariñeiras. Ademais de preparar o barco cos seus utensilios de pesca, estamos ensaiando unha cantiga brasileira que nos mostrou o mestre Luís:
 "Peixinhos do mar".


Gustaríanos mostrarvos algunhas das súas versións...



A SEÑORA CARME 2016

XA CHEGOU O ANTROIDÓN
CUN GRAN NOTICIÓN!
CADA DÍA DA SEMANA...
CUNHA COUSA PREPARADA!


LUNS 1: E PARA COMEZAR,
                        UNHAS GAFAS HAS LEVAR….

MARTES 2: CUN GRAN BIGOTE TOCA VIR,
  PARA QUE NOS POIDAMOS TODOS RIR…

MÉRCORES 3: HOXE UN SOMBREIRO TRAERÁS,
    E O SOL SEN PROBLEMA TOMARÁS…

XOVES 4: CO DISFRACE QUE TI QUEIRAS AO COLE VIRÁS,
      E VERÁS A QUE SE MONTA NUN PLIS, PLAS…

VENRES 5: E O VENRES DISFRAZADOS, ESTE ANTROIDO REMATAMOS.