martes, 26 de maio de 2015

SAÍDA Á ILLA DE SÁLVORA



O venres 31 de maio realizaremos a excursión de final de curso á Illa de Sálvora.


Que sabemos sobre a Illa de Sálvora?

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, de titularidade privada, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catalina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

O noso itinerario:



A súa aplicación na aula de infantil:


Para ter máis información sobre a illa, podedes acceder no seguinte enlace:

luns, 18 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

O venres 15 de Maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, adicándoo ao autor homenaxeado neste ano 2015: Xosé Fernando Filgueira Valverde.

- A xornada comezou coa lectura da vida e obra do autor, levada a cabo polas alumnas de 6º de Primaria. A continuación repartíronse os premios de poesía, realizando a lectura individual de cada un dos poemas premiados.


- O alumnado de Primaria (3º-4º-5º-6º) procedeu á lectura dun conto ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
Previamente tivo lugar un sorteo co nome do neno ou da nena participante. Unha vez lido o conto os propios nenos/as buscaban un novo compañeiro/a ao que aínda non lle leran o conto escollido. Eles mesmos decidían aquel recuncho especial no que compartir eses momentos de acollida.



(*) Cantiga interpretada polo alumnado da escola de Cea