xoves, 15 de xaneiro de 2015

VÍDEOS DO FESTIVAL DE NADAL 2014

MAZURCA DOS AREEIRAS


En directo acabou así de rápido!!!!



ISTO É IMPOSIBLE!!!!



e en directo sonou asíiiii!



EU A RUMBA NON A SEI!!!



O REI DAS AUGAS DO RÍO ULLA



O MAQUINISTA ANTÓN







sábado, 10 de xaneiro de 2015

OS TRABALLOS DO 1º TRIMESTRE

AO FINALIZAR O 1º TRIMESTRE, O ALUMNADO VISUALIZA AS ACTIVIDADES IMPRESAS REALIZADAS DE MANEIRA INDIVIDUAL.
ALGÚNS NENOS/AS PREFIREN LELAS SOS E OUTROS/AS ACOMPAÑADOS/AS.






COMO NOS SENTIMOS?

As emocións forman parte da vida da aula. Dende que entramos no colexio ata que saímos, sentimos cousas que en moitas ocasións non sabemos explicar. Tampouco detectamos cal é a súa orixe,  nin qué debemos facer cando xorden eses sentimentos dentro de nós.

Xestionar as emocións é unha tarefa complexa pero moi potente xa que condiciona a nosa aprendizaxe. Sentirse ben cun mesmo e cos demais crea un clima óptimo no desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe, e nós, como docentes, debemos crealo.

Como?

- Permitindo que os nenos/as expresen como se senten

- Resolvendo os conflitos que xorden na aula, valorando a súa importancia e escoitando todas as partes implicadas

- Desenvolvendo actividades en gran grupo, onde se favorezan as relacións sociais

- Empregando unha linguaxe axeitada: os sentimentos teñen nome


Unha das actividades que traballamos na aula é exteriorizar como nos sentimos. 

Empregamos as imaxes do conto "Unha manchea de bicos", lido pola mestra Lara no trimestre pasado. Nesas imaxes puidemos identificar 4 estados de ánimo: Content@, Triste, Enfadad@, Asustad@. Elaboramos un taboleiro no que os nenos/as diariamente, e de maneira autónoma e opcional, expresan como se senten. Visualizalo no taboleiro axúdalles a exteriorizalo, interiorizando esa linguaxe no seu vocabulario e poñéndoa en práctica na súa vida cotiá.

CONTENT@




TRISTE



ENFADAD@





ASUSTAD@







Agradecerlle á mestra Lara a realización e envío das fotografías. Moitas grazas profe!

CHEGA O INVERNO...

REPRESENTAMOS AS ESTACIÓNS DO ANO EMPREGAMOS DISTINTOS MATERIAIS, ASÍ COMO AQUELAS CORES QUE NOS FACÍAN SENTIR CADA UNHA DELAS:

VERMELLO, MARRÓN - OUTONO

AZUL, NEGRO - INVERNO

VERDE, AMARELO E AZUL - PRIMAVERA

AMARELO, ROSA E VERDE - VERÁN










POÑEMOS EN MARCHA O SUPERMERCADO

REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE ORDENANDO O RECUNCHO DO XOGO SIMBÓLICO, QUE NOS PERMITIU CREAR UN ESPAZO PROPIO PARA O SUPERMERCADO.

- SELECCIONAMOS O MATERIAL EN GRUPOS, ATENDENDO A SÚA FUNCIONALIDADE.

- CLASIFICAMOS OS ALIMENTOS.

- ETIQUETAMOS OS ESTANTES HABILITADOS PARA O SUPER.















GALICIA NO MAPA

O ALUMNADO DE 5 ANOS SITUOU AS PROVINCIAS DE GALICIA NO MAPA, RELACIONANDO CADA UNHA DELAS COAS SÚAS PROPIAS VIVENCIAS.

- É onde eu nacín.
- O meu curmán vive alí.
- Lugo, a terra da Princesa do Caurel.
- Viaxei cos meus pais!
- ...