domingo, 25 de maio de 2014

PENÉLOPE

PENÉLOPE


Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.



Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.





Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron, Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén ¡Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.




Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!



LETRAS GALEGAS 2014

O día das Letras Galegas foi un día moi especial para todos e todas nós.

A xornada comezou coa lectura da biografía do autor homenaxeado no día das Letras galegas: Xosé María Díaz Castro, así como algún dos seus poemas destacados. Continuamos coa lectura dos poemas e debuxos premiados e a entrega dos premios aos gañadores e ás gañadoras elexidos/as polo xurado.

Pola tarde tivo lugar o obradoiro: "apadriñando lectores", no que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria leu aos seus compañeiros/as de 3º, 2º e 1º de primaria e infantil, un conto escollido e traballado previamente por eles e elas mesmos.

































mércores, 21 de maio de 2014

ALBA

ALBA

Dende o día 12 ata o 16 de Maio a protagonista foi Alba!
Trouxo as súas cousas dentro dun bolso moi bonito co seu nome.

 

Coa axuda da súa familia, Alba fixo un libriño onde recollía os momentos máis significativos dos seus primeiros anos de vida, o cal nos mostrou moi orgullosa!





Os seus compañeiros e compañeiras debuxárona así:


Alba leunos o seu conto favorito, ensinounos roupa de cando era máis pequena,
un disfrace e os xoguetes que máis lle gustan.





Recibimos a visita de Manuel e Rocío, os papás de Alba, 
foron moi pacientes e agradables con nós,
mostráronos un arquivador personalizado con imaxes representativas da vida de Alba. Fermoso!! 



GRACIÑAS


martes, 13 de maio de 2014

PAULA


 A semana pasada deu comezo esta actividade, na que as nenas de 6º de Educación Infantil serán as protagonistas.
Entre todos coloreamos e organizamos as letras da palabra PROTAGONISTA e buscamos un recuncho para poñer os recursos aportados ao longo da semana:


 
 A semana pasada descubrimos moitas cousas sobre Paula, a nosa primeira protagonista!



 Trouxo moitas fotos, o seu conto favorito, os xoguetes que máis lle gustan, roupiña de cando era bebé,...

 Fixemos unha margarida coas cualidades positivas da nosa compañeira, para isto debuxamos os pétalos en cartulina, recortámolos e contámolos para asegurarnos de que chegaban para todos.






Escribimos neles as nosas mensaxes:

E este é o resultado!


Por último visitounos a mamá de Paula e ensinounos un montón de fotos!! Explicounos alguns dos momentos máis representativos da vida de Paula e contounos como é na súa casa e coa sua familia.


Moitas grazas pola visita!!