domingo, 25 de febreiro de 2018

A CAMELIA 2018

Este curso volvemos a participar no Concurso de debuxo da Camelia organizado polo Concello de Vedra. A técnica que empregamos desta volta foi a estampación de círculos empregando tapóns traídos das nosas casas. 


O proceso seguido foi este: 
- Primeiro cada un de nós deciciu se ía debuxar unha dúas ou tres flores que representamos mediante círculos feitos con rotulador permanente. 


- Logo, cubrimos o interior dos círculos con outros máis pequenos creados con tapóns impregnados de témpera de cores similares ás flores da camelia, é dicir, rosa e vermello. 


- A continuación, empregamos a témpera sólida para elaborar a follaxe que rodea ás flores. 


- Por último, enchemos o espazo gráfico restante con acuarela. 






O venres 23 de febreiro, acudimos en tres quendas á antiga casa do mestre a participar na composición con pétalos de camelia que a ANPA deseñou. O noso labor consistiu en colocar pétalos de camelia e fixalos con alfileres sobre a estrutura dunha fermosa fonte. Velaquí estamos no proceso de recubrimento. 








O SUPERMERCADO

Dende o 27 de febreiro ata o 8 de marzo, traballaremos a temática do supermercado no tempo de recunchos programados.

E para profundizar no coñecemento deste tema, no recuncho de ordenadores, atoparedes estas actividades sobre uns dos produtos máis abondantes nos supermercados: os alimentos.



Neste aoutro xogos, disfrutaredes realizando un memory de froitas.

 Memory de froitas


Aquí  poderedes atopar actividades de lóxica e lingua relacionadas coas froitas. 

 Lóxica con froitas


 Lóxica con froitas 2






luns, 19 de febreiro de 2018

domingo, 18 de febreiro de 2018

XOGAR A PENSAR

Un curso máis, estamos a desenvolver o obradoiro Xogar a Pensar. Nesta sesión quincenal, a nosa amiga Xoa fainos chegar unhas fermosas cartas nas que pon a proba a nosa capacidade para observar, reflexionar e analizar.




Esta sesión segue os principios do programa Filosofía para nenos que desenvolve o Proxecto Noria. Con el preténdese fomentar o traballo e adquisición dunha serie de habilidades de pensamento que recollemos na seguinte táboa.


As sesións desenvólvense sempre dun xeito parecido. Na zona da alfombra aparece os luns unha misteriosa caixa decorada con motivos que nos recordan á nosa amiga visitante. En gran grupo, abrimos a caixa e lemos a carta que esa semana nos escribiu Xoa.



Con cada unha delas dá inicio un diálogo colectivo no que todas as intervencións teñen un obxectivo: xogar a pensar.
Ademais do diálogo e a reflexión, en moitas cartas Xoa pídenos algunha outra produción: un debuxo, crear o final dunha historia, idear usos insospeitados de obxectos...

Nos seguintes audios que incorporamos, poderedes escoitar o desenvolvemento de cada unha das sesións de Xogar a Pensar en cada unha das aulas de Educación Infantil.

SESIÓN 1: Xogar a pensar




.
SESIÓN 2: Descrición de Xoaniña





SESIÓN 3: O libro de Xoa




SESIÓN 4: Deseñar un moble. 

mércores, 14 de febreiro de 2018

PERSONAXES DE ANTROIDO 2018

Infantil: TETRIX


1º Ed. Primaria: UNHA VELLA TIÑA UN CAN....


2º Ed. Primaria: SAPIÑOS


3º e 4º Ed. Primaria: GONDOLEIROS


5º e 6º Ed. Primaria: VELLOS E NENOS

FESTIVAL ANTROIDO 2018


PASARRÚAS











TETRIX







UNHA VELLA TIÑA UN CAN...







OS SAPIÑOS









GONDOLEIROS










AMODIÑO...





MERENDANDO